As gañadoras do 'Merca en Nadal, Merca en Local' gastaron os seus premios
AMariñaXa
Puideron gozar dunha xornada de compras na localidade focense
27 Dec 2024
As gañadoras da campaña 'Merca en Nadal, Merca en Local' viviron unha xornada de compras na localidade focense. Estiveron acompañadas do deputado de Recursos Sostibles e alcalde de Foz, Francisco Cajoto.
As galardoadas gastaron os correspondentes premios de 500 euros, 1.000 euros e 3.000 euros que conseguiron nesta iniciativa posta en marcha a Deputación de Lugo e a Federación de Comercio para impulsar as compras nos negocios locais da provincia durante o Nadal.
Na xornada participou Ángeles Agrelo, premiada con 500 euros; Tamara Suárez, que gañou os 1.000 euros e Beatriz Lestegás, que conseguiu os 3.000 euris no sorteo público que se celebrou en Foz. A campaña, financiada pola institución provincial con 50.000, rematará este venres en Lugo.