As Fiestas del 15 de Vegadeo xa ten ao seu Rey e Reina de Plata
AMariñaXa
Uns 284 votos fixeron a Domingo 'Vijande' converterse no primeiro Rey de Plata do pobo
6 Ago 2024
Vegadeo xa elixiu aos Rey e Reina de Plata das Fiestas del 15 2024. Uns 284 votos fixeron a Domingo 'Vijande' converterse no primeiro Rey de Plata do pobo, mentres que Conchita alzábase coa vitoria cun total de 121 votos. Segundo defenden dende Leña Verde de Vegadeo, os resultados estiveron moi rifados.
A pesar dalgúns problemas organizativos que impediron que algúns candidatos chegasen a tempo, queren transmitir da súa parte un tremendo agradecemento polos votos recibidos, e por suposto, polo agarimo que lles demostraron. Os reis desfilarán nunha carroza no pasacalles do #vermúdel14, e oficiarán o saque de honra no Soutón o día 15, no clásico Ribadeo C.F contra Vegadeo C.F.