As festas patronais de Ribadeo xa contan con camiseta oficial

AMariñaXa
As festas patronais de Ribadeo xa contan con camiseta oficial. Foron creadas pola artista local Sandra, da empresa Viva la Pepa
2023 ribadeo camisetas festas patronais
30 Jun 2023

Presentadas as camisetas das festas patronais. O alcalde, Dani Vega, agradece o traballo realizado pola comisión organizadora e subliña a aposta realizada por unha deseñadora local.

O rexedor declarou que “hoxe presentamos as camisetas das festas patronais. Temos que darlles as grazas a estes rapaces, que están a coordinar e dirixir eses festexos, forman unha boa comisión e están a facer un bo traballo. Hoxe temos a primeira cita, que é o Pancha Fest, que organiza esta comisión de festas”.

Vega subliñou que “tiveron esta iniciativa de facer estas camisetas cun deseño local, cunha deseñadora ribadense como é Sandra, que ten a empresa Viva la Pepa. Creo que tirar destes profesionais, que están facendo grande Ribadeo é acertar por completo”.

O alcalde engadiu: “grazas a Sandra por ese magnífico deseño e tamén a este grupo de rapaces por esas iniciativas que levan a cabo, que son moi positivas e que falan moi ben de Ribadeo. E nós desde o Concello estamos a colaborar con eles e tamén a Xunta de Galicia neste caso. Entre todos creo que estamos a facer as cousas moi ben a favor de Ribadeo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17536401748657