As Festas do Carme do Vicedo xa teñen programa festivo
A comisión organizadora das Festas do Carme do Vicedo informou do programa festivo para o vindeiro 17, 18 e 19 de xuño na honra a Nosa Señora do Carme.
Esta celebración comezará o sábado17 ás 12.00 horas comezando coa misa solemne, a procesión coa imaxe ata o campo da festa acompañada pola Banda Naval de Viveiro. Acto seguido será a sesión vermú amenizada pola orquestra CQC que volverá a amenizar a verbena da noite xunto con Los Player's.
Xa o domingo 18 de xuño ás 12.00 horas repetirase o oficio relixioso con procesión e ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos, despois será a sesión coa orquestra Estrellas que amenizará de novo a verbena a partir das 21.30 horas xunto coa orquestra Los Satélites.
O luns 19 tan só haberá festa pola noite, ás 20.00 horas, trasladando a imaxe da Virxe ata a igrexa parroquial e funeral por mariñeiros, mariscadoras e defuntos da paaroquia.