As festas do Carme do Vicedo comezarán o 18 de xuño
A comisión organizadora das Festas do Carme do Vicedo prepara as festas na honra a Nosa Señora do Carme que serán entre o 18 e o 20 de xuño.
Esta celebración comezará o sábado 18 ás 12.00 horas comezando coa misa solemne, a procesión coa imaxe ata o campo da festa acompañada pola Bnada Naval de Viveiro. Acto seguido será a sesión vermú amenizada pola orquestra Stéreo que volverá a amenizar a verbena das 22.00 horas xunto con Fani Blanco Show.
Xa o domingo 19 de xuño ás 12.00 horas repetirase o oficio relixioso con procesión e ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos, despois será a sesión coa orquestra CQC que amenizará de novo a verbena a partir das 21.30 horas xunto coa orquestra Los Satélites.
O luns 20 tan só haberá festa pola noite, ás 20.00 horas, trasladando a imaxe da Virxe ata a igrexa parroquial e funeral por mariñeiros, mariscadoras e defuntos da paaroquia.