As Festas do Carme de San Ciprián que terán lugar do 11 ao 16 de xullo

TerraChaXa | AMariñaXa
9 Jul 2019

As festa do Carmen de San Cibrao serán do 11 ao 16 de xullo, na honra á patroa do mariñeiros á cal honrarán coa oración dunha misa e a tradicional procesión marítima. Tamén se celebrarán diversos actos lúdico-culturais e pola noite, grandes verbenas a cargo de orquestas do momento. Os festexos terán lugar desde o día 11 ao 16 dexullo.
O 11 de xullo, comezan os actos ás 21.00 horas cunha obra de teatro. O venres 12 haberá outra obra de teatro e a partir da media noite será a quenda da música na praza dos Campos.
O sábado 13, ás 21.00 horas serán os concertos de corais na igrexa de Santa María e a media noite voltará a música a praza dos Campos.
O domingo 14 de xullo haberá un concerto de música dos 80 co grupo Los Indecisos no auditorio da Casa da Cultura ás 22.00 horas.
O luns 15 de xullo os festexos comezarán  ás 14.00 horas coa sesión vermú a cargo do grupo Arizona, e pola noite será a quenda da misa solemne na igrexa parroquial de Lieiro, seguida da procesión e dos pasarrúas. Para que máis tarde os veciños gocen coa verbena a cargo de The Vacas e Arizona na praza dos Campos.
O martes 16 de xullo será o chupinazo ás 11.oo horas e os pasarrúas co grupo A Rebolaxe, voltará a misa solemne ás 12.00 horas no peirao e haberá unha ofrenda floral aos mariñéiros falecidos a cargo de Julia Moscoso. Ás 20.30 horas será a exhibición de baile tradicional infantil co Grupo Mistura, e xa ás 23.00 horas será o momento do baile coas orquestras Acordes e Clan Zero no praza dos Campos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.089089155197144