As festas de San Xoán en Covas comezarán o xoves 23 de xuño

AMariñaXa
As Festas de San Xoán de Covas no Concello de Viveiro xa contan con programación no que haberá 4 días de festa con música e actividades.
covas san xoan programa 2022 1
9 Maio 2022

As Festas de San Xoán de Covas no Concello de Viveiro xa contan con programación no que haberá 4 días de festa con música e actividades.

As festas comezarán o xoves 23 de xuño será a gran verbena coa orquestra Miramar e o grupo Arizona que amenizarán a lumeirada que será ás 00.00 horas,

A xornada do venres 24 de xuño comezará con pasarúas a partir das 11.00 horas a cargo da Escola de Gaitas Caharela de Covas, e ás 13.00 horas será a misa solemne e a procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro. A continuación haberá unha sesión vermú coa orquestra Trébol e xa pola noite, ás 22.30 horas, será a verbena a cargo de Trébol e Acorde.

O sábado 25 repetiránse os actos do venres, con pasarrúas e a sesión vermú aínda que nesta ocasión con Non Cho Digo e a Escola de Gaita Cacharela de Covas, e o vermú coa orquestra Suavecito.

Pola noite haberá unha gran sardiñanda no Campo da Pascua na que os asistentes poderán desfrutar desta delicia gastronómica a partir das 20.00 horas, e máis tarde Suavecito e Magos poñerán a nota musical.

O último día da festa, o domingo 26, desde as 17.00 horas celebrarase o Día do Neno con atraccións a prezos populares no Campo da Festa.

Este ano a comisión organizadora está formada por Patri, Julio, Paula, Chus e Bernardo que retomaron a organización do evento, xa que dende o 2013 ao 2016 xa o fixeran.

0.1871280670166