As Faragullas de Foz organiza unha cea-baile benéfica
A comparsa As Faragullas de Foz organiza unha cea-baile benéfica en favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas o vindeiro 12 de novembro no colexio Martínez Otero ás 21.00 horas.
A entrada ao evento requerirá dunha doazón mínima de 25€ e a recaudación irá destinada á Fegerec. A entrada inclúe un cóctel de benvida, cea e espectáculo musical con Toxo Guayaba e Eventec. Ademais, contarán cunha gran cantidade de sorpresas que non decepcionarán aos asistentes.
Por outra banda se se quere facer unha doazón pero non se pode asistir, As Faragullas veñen de crear a mesa 0, que terá un custe de 10 euros. En caso de que se queira facer unha doazón maior, haberá que poñerse en contacto coa comparsa para indicar como realizala.
Para asistir será necesario reservar a entrada no correo electrónico -eventofarangullas@gmail.com- ou no teléfono - 608 117 787-, co nome completo de todos/as os comensais, un número de teléfono de contacto e o nome que queredes que leve a mesa.