As familias de Ribadeo xa poden solicitar as bolsas de comedor

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
As familias de Ribadeo xa poden solicitar as bolsas de comedor da Xunta para compensar o período de suspensión das escolas infantís.
27 Maio 2020

As familias de Ribadeo xa poden solicitar as bolsas de comedor da Xunta para compensar o período de suspensión das escolas infantís. Así o indica o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, quen explica que as familias beneficiarias serán as que teñen unha renta mensual inferior aos 403 euros e percibirán unha axuda de 2,5 euros ao día. No caso de que os ingresos superen a cifra indicada e cheguen ata os 672 euros, a bolsa será de 1,5 euros diarios.

“É unha decisión moi acertada a de investir nas familias, pois eses aforros de manter a escola pechada serán destinados á alimentación dos nenos”, destaca o popular, ao tempo que indica que “imos seguir traballando na mesma senda e incluso na mellora das instalacións”.

Prazo de matrícula

Neste senso, o tamén deputado no Parlamento de Galicia lembra que ata o 29 de maio está aberto o prazo de matrícula para inscribir aos rapaces desta idade na rede autonómica de escolas infantís, que está integrada polas dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ademais das de titularidade municipal e das dependentes de entidades privadas de iniciativa social, que tamén reciben financiación do Goberno galego

Bono Concilia

Daniel Vega tamén advirte ás familias de Ribadeo da posibilidade de solicitar o Bono Concilia, destinado a colaborar no pagamento dunha praza correspondente a unha escola infantil privada da súa elección respecto do primeiro fillo, naqueles casos en que queden en lista de espera na escolas infantís sostidas con fondos públicos ou residan en localidades nas que non existes prazas públicas.

0.14023995399475