As escolas deportivas municipais de Foz comezaron o novo curso
As escolas deportivas de Foz comezaron un novo curso a primeiros de outubro e rematarán as súas actividades o venres 29 de maio.
Nestas escolas poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2015-2003, ambos inclusive, e terán diferentes cotas de inscrición 15 euros/mes para os nenosque vaian a unha actividade, 17 euros/mes para os que vaian a dúas ou máis actividades, e as familias numerosas terán un desconto do 50%..
As actividades que se farán este ano son patinaxe artística, que será no pavillón O Cantel en cinco grupos, de grupo 1 de 18.00 a 19.00; grupo 2 de 19.00 a 20.00; grupo 3 de 20.00 a 21.00; os xoves o grupo 4 de 20.00 a 21.00 e o grupo 5 de 21.00 a 22.00.
O obradoiro de cerámica será no centro social os xoves de 17.45 a 19.15, e o teatro na Sala Bahía os mércores de 18.15 a 19.45.
A coreodance kids-junior será os venres de 17.00 a 18.00 ou de 18.00 a 19.00 no centro social, on tamén impartirase ballet clásico. A ximnasia rítmica impartirase no pavillón de Marzán os martes de 18.00 a 20.00.
Tamén haberá tenis no pavillón O Cantel os venres de 19.00 a 20.00 e multideporte de 18.00 a 19:00
En tódalas actividades existe un número máximo de prazas que aseguren o correcto funcionamento dos grupos, así como un número mínimo para poder levalas a cabo. As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude e para máis información haberá chamar 636 504 155.