As Escolas Deportivas de Lourenzá organizan unha cea baile

AMariñaXa
As Escolas Deportivas de Lourenzá organizan para os veciños e socios, unha cea baile que terá lugar o sábado, 2 de decembro, ás 21.
tapas comida aperitivo
tapas comida aperitivo
12 Nov 2023

As Escolas Deportivas de Lourenzá organizan para os veciños e socios, unha cea baile que terá lugar o sábado, 2 de decembro, ás 21.30 horas no multiusos Ponte de Cuñas.

Para poder asisitir haberá que mercar as entradas nos bares da vila antes do mércores 29 de novembro.

O menú da cea consistirá en caldo, costela asada, sobremesa, café e chupito, e terá un prezo de 23 euros, agás os menores de 5 a 10 anos que pagarán 15 euros.

Despois poderase desfrutar da música de Sintético Fantástico e DJ Dani Rego.

cea baile escola deportivas lourenza 2023
0.10165286064148