As escolas de Celeiro, en Barreiros, acollen unha nova charla do plan maior
AMariñaXa
Barreiros retoma o plan maior de seguridade. A charla desenvolverase atendendo aos protocolos establecidos, con control de aforo
9 Feb 2022
O Concello de Barreiros volve organizar un Plan Maior de Seguridade e nesta ocasión será nas escolas de Celeiro o xoves 10 de febreiro ás 15.30 horas.
Estas charlas tratarán temas de prevención e mellora das seguridade na casa das persoas maiores fronte aos roubos ou calquer problema con terceiras persoas.
A entrada é gratuíta pero conta con aforo limitado, e lembran que é necesaria a inscrición previa no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 982 317 143 en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.
A charla desenvolverase atendendo aos protocolos establecidos, con control de aforo e sendo obrigatorio o uso de máscara en todo momento.