As entradas para 'La Moderna' en Ribadeo xa á venda

Xa están á venda as entradas para a función "La Moderna", que se celebrará o 7 de marzo ás 20:30 horas. As entradas poden adquirirse desde hoxe en Rasca e Pica e en Multitiendas Teresa. A recadación irá destinada a sufragar o viaxe de fin de curso do grupo de actores e actrices que protagonizan esta obra, así como dos seus compañeiros de instituto do IES de Ribadeo e do CIFP Porta da Auga.
"La Moderna" será unha gran sorpresa para os asistentes. Trátase dunha función biográfica baseada nunha figura que tivo un papel destacado na historia de Ribadeo. Todo comezou en 1896.
A obra, baixo o nome de "El Cisne Negro", conta cun elenco de xoves actrices e actores que esperan cautivar ao público ribadense. Este será tamén o seu xeito de despedirse tras anos de estudos e amizade, antes de iniciar novos camiños na súa vida.
O cartel de "La Moderna" foi deseñado por unha moza estudante ribadense, que tamén aparecerá como extra na función.