As entidades de Ribadeo reciben os premios Alecrín
AMariñaXa
O alcalde, Daniel Vega, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participaron na entrega dos premios da Federación de Entidades Galegas en Cataluña
8 Aug 2024
O alcalde, Daniel Vega, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participaron na entrega dos premios Alecrín, que concede anualmente a Federación de Entidades Galegas en Cataluña (Fegalcat). O acto tivo lugar no auditorio municipal.
Neste 2024 recibiron os premios Alecrín varias entidades de Ribadeo: a Coral Polifónica, a Banda Municipal de Música, Amigos da Gaita e Acisa. Tamén foron recoñecidos a empresa mariñá Pescados Rubén así coma o Burela Fútbol Sala Feminino. Máis premiados foron Xosé Benito Reza, Serxio María Rodríguez, Manuel Fernández, Toño Jiménez e Festigaleiros. A xornada concluíu cun xantar de irmandade.