As confrarías de Lugo presentan un documental sobre as festas do Carme na Mariña

AMariñaXa
Presentouse no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela o documental 'A Festa do Carme nos portos  da Mariña de Lugo'.
documental A Festa do Carme nos portos da Mariña de Lugo
21 Nov 2023

Presentouse no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela o documental 'A Festa do Carme nos portos  da Mariña de Lugo'.

A Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo levou a cabo este proxecto grazas ao convenio subscrito coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no que  se fai un percorrido pola historia das celebracións que se dedican á Virxe dos  Mares desde as confrarías da costa de Lugo: procesións, misas, tallas, ofrendas  florais e mesmo ofrendas submarinas.

O presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio  Otero, acompañado da xefa territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia,  Mariña Gueimunde, e da alcaldesa de Burela, Carmela López; presentaron o  documental, que ao longo duns 40 minutos repasa a historia, o pasado e o  presente destas celebracións de fondo sentimento relixioso e profundo raizame  popular entre as xentes do mar da Mariña.

A reportaxe está realizada pola produtora local Arracada Produccións con  imaxes actuais das celebracións e tamén aproveitando parte do arquivo histórico  de imaxes de Sergio López Maseda (Foto Sergio) das últimas décadas, desde as  primeiras alfombras florais ata as últimas procesións marítimas.

0.19312787055969