As coñecidas “Festas do 15” regresan con música e verbena ata o día 24 de agosto

AMariñaXa
As coñecidas festas ofrecerán catro grandes citas musicais con grupos como Panorama, Tekila ou Marbella
fogos-artificiais-festas
4 Aug 2025

Vegadeo xa quenta motores para a celebración das súas festas máis populares, coñecidas como “As do 15”, que se desenvolverán entre o 8 e o 24 de agosto. O municipio encherase de animación e ambiente festivo durante máis de dúas semanas, destacando as verbenas como un dos principais atractivos do programa.

O cartel musical incluirá catro grandes actuacións. O venres 9 de agosto será a primeira cita coa verbena a cargo do Grupo Beatriz, mentres que o mércores 14 será a quenda da orquestra Tekila, acompañada dun segundo grupo aínda por anunciar. O xoves 15 de agosto, día central das festas, o protagonismo recaerá en Marbella e The Goat Dani Parrondo, mentres que o venres 16 será a popular orquestra Panorama a encargada de poñer ritmo á noite, xunto cunha formación adicional que a organización anunciará en breve.

O Concello de Vegadeo destaca que estas festas supoñen un dos momentos máis especiais do verán na vila, tanto polo seu impacto social como económico, atraendo visitantes chegados desde diferentes puntos da comarca e incluso doutros puntos de Asturias e Galicia.

As actividades estenderanse ata o día 24 de agosto, configurando así unhas festas longas e participativas, nas que a música e a verbena serán protagonistas indiscutibles.

⚙ Configurar cookies
0.067435026168823