As condicións impostas pola Xunta farían que a Romería do Naseiro cambie de ubicación

TerraChaXa | AMariñaXa
A Comisión de Festas da Romería do Naseiro ven de publicar as condicións e prohibicións impostas pola Xunta de Galicia, por Medio Ambiente e Protección da Natureza; tamén os requisitos esixidos por Augas de Galicia, que implicarían o cambio de ubicación e a perda da súa esencia.
28 Xuño 2019

En principio, o Concello e a Comisión de Festas vai reunirse a vindeira semana e coa idea de convocar aos voceiros dos demais grupos políticos para poder tratar con eles este asunto, tendo en conta que se trata dun problema que afecta á viabilidade da romería.
É bo tomar precaucións, pero as medidas impostas son moi estritas e poden motivar que se deixe de celebrar unha romaxe centenaria, de grande arraigo e tradición. Segundo indica a alcaldesa, a comisión de festas, é a que se está a adicar de tramitar os permisos necesarios ante as distintas administracións, cada vez que vanlles esixindo novos requisitos e non teñen marxe de actuación.

0.18427300453186