As compras en Ribadeo polo Día da nai terán premio
Unha xoia para outra xoia é o slogan da campaña deseñada por Acisa Ribadeo para celebrar o Día da nai. A asociación sorteará 3 xoias entre aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado ata o vindeiro 3 de maio.
Sortearanse tres xoias de gran valor entre os clientes que merquen os seus agasallos para o dia da nai en Ribadeo desde mañá, 22 de abril, e ata o 3 de maio.O único que ten que facer o cliente é cubrir as rifas que van estar á súa disposición nos comercios asociados co seu nome, apelidos e numero de telefono, e os establecementos custodiarán as rifas ata que o dia 4 o persoal de Acisa se achegue a recollelas para ese mesmo dia sortear os premios. As rifas para que sexan validas teñen que ir debidamente seladas por cada establecemento e non se establece compra mínima.
As bases pódense consultar na web de www.acisaribadeo.es ou ben escanando o código QR que atoparán nos carteis desta campaña coa aplicación móbil Ribadeo Preto De ti.
Para aqueles que deixan todo para o último dia, compre lembrar que en Ribadeo abrese os domingos, polo que o propio dia da nai, o 2 de maio, estarán abertos os comercios.