As casetas do Naseiro en Viveiro pódense montar dende o día 10

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Aug 2019

O Concello de Viveiro prepárase para a próxima celebración da Romaxe de Naseiro, que terá lugar do 23 ao 27 de agosto de 2019 e por iso, dende a alcaldía comunícanlles a todos os interesados que dende o 10 de agosto poden empezar a montar as instalacións para celebración da romaría, debendo estar retiradas na súa totalidade antes do 31 de agosto.

Asemade, ten en conta o establecido no Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Augas, modificado polo Decreto 638/2016, no seu artigo 9 bis, relativo ás limitacións aos usos na zona de fluxo preferente no suelo rural. 

Por outra banda, o Concello de Viveiro, engade o feito de lembrar o establecido na Orde de 29 de xaneiro de 2016 pola que se dispón a publicación da normativa do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto 11/2016, de 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das concas mediterráneas andaluzas, do Guadalete-Barbate e do Tinto, Odiel e Piedras, no seu artigo 34. 

Con todas estas normativas, a alcaldía fai saber que, en cumprimento da lexislación referida e en aras a garantir a seguridade con motivo da celebración da Romaxe de Naseiro, nas zonas de fluxo preferente do río Landro non está permitido o estacionamento nin a acampada

O val que forma o río Landro no lugar do Naseiro, na parroquia de San Pedro, convértese nun poboado de casetas, postos e mercado, con escenarios e atraccións, onde campa a xente (algúns con todo luxo de comodidades levadas da casa) para gozar de cinco días coas súas noites de troula, comida e bebida.

Declarada de Interese Turístico Galego convén advertir que este ano non se vai poder facer o descenso polo río por prohibición da Xunta.

O día 23 é a xornada do polbo, animada coa charanga Os Charangos.

O sábado, trala misa das 12.30 horas na capela do campo da festa, seguida de procesión, haberá sesión vermú e á noite verbena cos grupos Arizona e Alkar. Xa o domingo, trala eucaristía La Nave e Stereo serán as dúas formacións que actúen na verbena.

A festa continúa o luns 26 de agosto con sesión vermú e verbena a cargo dos grupos Gran Casino e Kalima 3.0 e o martes, actuará a orquestra Televisión e de novo, Kalima.

Por último, o mércores 28 será unha xornada adicada aos cativos con atraccións a prezos populares no campo da festa.

A festividade é tamén coñecida co sobrenome da 'festa do bo xantar', xa que cada xornada (o día grande, o domingo) é adicada a un manxar: polbo o venres por exemplo e o resto, marisco, doces, carnes, sardiñas e caldo, todo se consume masivamente, ao son da música das gaitas e das charangas polo día, e da verbena pola noite.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16973400115967