As caretas de Entroido de Xove xa teñen os seus premios

AMariñaXa
O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do concurso de caretas de Xove.
ENTREGA PREMIOS CONCURSO DE CARETAS DE ENTROIDO xove
24 Mar 2022

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove,  puxo en marcha a  finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.  Coma en anos anteriores, o concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, establecéronse cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios consistentes en material escolar.

Nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías.

Na Preescolar veceron Jimena Paleo Enríquez, Anaís Romero Suárez e Valeria Vilasa Posada mentres que na categoría 2 destacouse a Jesús López Franco, David Burgos Peloche e Pablo García Val.

Na tres, para 3º E 4º De Primaria, que daron co premio Álvaro García Casabella, Nicolás Purriños García e Andrés Alcalde Fernández, completándose co último ciclo de Primaria con Alejandro Flores Escobar, Paula Sánchez Pernas e Carlota Eijo Rodríguez.

Finalmente, entre os estudantes de ESO escolléronse os traballos de Uxía Gradaille Durán, Daniel Bértolo Casabella e Andrea Eijo Rodríguez.

0.12663292884827