As Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos acollen a mostra 'Muller e poder en Roma'
AMariñaXa
A casa da cultura acollerá a mostra pictórica Luz da Balea, da artista Blanca Dacal, e inaugurarase o vindeiro domingo 7 de agosto
9 Ago 2023
As Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos acollerán ata o 8 de setembro a mostra de pintura Muller e poder en Roma, de Alfredo Erias Martínez.
A exposición está composta por 15 cadros do artista nado en Presedo, Abegondo. Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego e foi director do Museo das Mariñas de Betanzos entre 1984 e 2022.