As acuarelas de Oniel Rodríguez poderanse ver na casa da cultura de Burela

AMariñaXa
As acuarelas de Oniel Rodríguezpoderanse ver na casa da cultura de Burela. Están dende o 4 de marzo ao 4 de abril
oniel rodriguez
3 Mar 2022

Este venres, 4 de marzo, ás 19:00 horas a sala de arte da casa da cultura de Burela acollerá a inauguración de Burela Bonita, unha mostra de acuarelas e acrílicos de Oniel Rodríguez.

A mostra estará aberta desde o 4 de marzo ao 4 de abril en horario,  de luns a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

Oniel Rodríguez López, nado en Guanajay, A Habana, é un pintor, debuxante, membro da AHS, ademais do Colectivo Plástico do Mariel, do proxecto Táboa de Auga e do proxecto Artes son entre as Artes da Sociedade Cultural José Marti. A súa obra forma parte da colección de importantes institucións como ICAIC, ICRT, SCJM e de coleccións privadas tanto en Cuba como  noutros países , Canadá , Perú , Italia, Alemaña, Holanda e Grecia.

 

0.16235399246216