As actividades de verán organizadas polo Concello de Burela terán lugar do 10 de xullo ao 31 de agosto

AMariñaXa
As actividades de verán organizadas en Burela terán lugar do 10 de xullo ao 31 de agosto e son para nados entre os anos 2010 e 2016.
veran actividade burela
1 Xul 2023

As actividades de verán organizadas polo Concello de Burela terán lugar do 10 de xullo ao 31 de agosto, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2016.

O edil burelés explicou que “as actividades de verán realizaranse dende o 10 de xullo ata o 31 de agosto. Haberá xogos na praia os luns, rutas en bici os martes, happy dance os mércores, que será impartido por Belinda (Ximnasio Hawk) e rutas de sendeirismo os xoves. O prezo da actividade será de 8 euros ao mes por actividade e para anotarse hai de prazo dende o vindeiro luns, 3 de xullo, e ata o mércores, 5 de xullo, na Casa da Xuventude dende as 08:00 da mañá”.

Carlos Méndez engadiu que “a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.  Poderán participar na actividade todos os nenos e as nenas nados entre os anos 2016-2010”.

0.14022994041443