As 8 parroquias de Barreiros xa teñen fibra óptica
Foz, Lourenzá e agora Barreiros comparten un trazo en canto a desenvolvemento de infraestruturas: todas as súas parroquias teñen xa fibra óptica instalada por Adamo. En concreto, as 9 parroquias de Foz, as 4 de Lourenzá e as 8 de Barreiros contan coa conexión a Internet máis rápida dispoñible no mercado (1.000 Mbps), que fornece o operador.
Así que San Cosme de Barreiros, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, Santiago de Reinante, Celeiro de Mariñaos, San Xusto de Cabarcos, San Xulian de Cabarcos e Vilamartín Pequeno atópanse xa conectadas á rede de Adamo.
MÁIS DE 5.500 HOGARES EN BARREIROS
Ata o momento, son máis de 5.500 vivendas as cableadas no concello situado na comarca da Mariña Oriental. Aínda que os traballos dos técnicos de Adamo continúan para chegar a todos os núcleos con demanda en Barreiros.
SEGUNDAS RESIDENCIAS
Cabe destacar, así mesmo, que un número importante dos inmobles conectados inclúe segundas residencias, co que o despregamento de fibra óptica neles fai que Barreiros sexa un lugar aínda máis atractivo para pasar tempadas longas ou, mesmo, para vivir todo o ano. Cunha conexión a Internet de calidade resulta máis sinxelo, como é lóxico, teletraballar, comprar en liña ou pasar citas médicas por Internet.
CO CONCELLO DE BARREIROS
Como é habitual, Adamo deu conta do despregamento da súa rede ás autoridades locais. Neste caso, á alcaldesa do municipio, Ana Ermida, quen foi informada do estado da instalación da infraestrutura por David Llano, responsable de Adamo en Galicia, nunha reunión recente.
ATA 60.000 VIVENDAS CONCECTADAS EN LUGO
Desta maneira, o operador prosegue co seu desenvolvemento en Lugo, provincia na que xa fornece sinal a 60.000 fogares, facendo especial fincapé na citada zona da Mariña. Entre outros concellos, na Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo, O Valadouro ou Xove, así como na parroquia de Celeiro.
PRETO DE 87.000 FOGARES LUCENSE
Pero este desenvolvemento continúa, xa que Adamo despregará Internet de alta velocidade noutras 26.500 vivendas máis da rexión entre 2021 e 2022. Sumados aos citados 60.000 xa en servizo, a compañía proporcionará fibra óptica a preto de 87.000 fogares lucenses antes de que concluíse o exercicio de 2022.