Arume de Burela confirma a II Noite das Ánimas

AMariñaXa
Nesta proposta inclúen, polo momento, taller de cabazas, elaboración de bonecas de millo, contacontos e chocolatada
asociación-arume-burela
10 Out 2024

A asociación cultural Arume de Burela está a preparar o programa para este Samaín. Dende o colectivo anuncian que organizan a II Noite das Ánimas o vindeiro xoves 31 de outubro na praza de Abastos da vila. Nesta proposta inclúen, polo momento, taller de cabazas, elaboración de bonecas de millo, contacontos e chocolatada.

Ademais, os asistentes tamén poderán gozar e participar en sorteos, xogos e tomar parte na procesión das ánimas. O broche de ouro será unha foliada á que poderán unirse todos o que así o desexen. A actividade botou a andar no 2023 despois de moito traballo por aprte do colectivo que quere deixar constancia de que as nosas tradicións tamén son fermosas e pretende achegalas a todos.

No encontro participaron Ledicia Scr, que deixou o material para esa gran chocolatada, á asociación dos Asadores de Burela, o ANPA do CEIP Plurilingüe Vista Alegre e Alberto Eiroá. Tampouco se perderon a cita os compoñentes da Coral Polifónica de Burela que ofreceron unha posta en escena do máis envolvente.

0.19013905525208