Arrinca a nova programación cultural de Foz
O Concello de Foz comeza esta fin de semana a programación cultural dos meses de setembro e outubro.
Así, a vila encherase de diferentes actividades para pequenos e maiores todas elas actividades respectarán os protocolos COVID para manter a máxima seguridade nas mesmas.
Comezará hoxe sábado 11 de setembro ás 18.30 horas co Circo Kasnovark na praza de Conde Fontao e despois ás 19.30 horas será a charla da Federación Galega de Espeleoloxía, Furnas e evolución da costa.
O programa Ler Conta Moito fará varias actividades na biblioteca comezando o sábado 18 ás 18.30 horas co Obradoiro creativo: Diorama do poema de Xela Arias, o seguinte sábado 25 será a actuación Musicreques. Contacontos musicais, e o sábado 9 de outubro o obradoiro de narración oral Moito.
O sábado 25 de setembro na praza Salgado Toimil haberá un recital poético artístico Día da Paz ás 19.30 horas.
O xoves 30 no centro de interpretación da Basílica San Martiño haberá será a I Xornadas San Martiño no Camiño ás 20.00 horas.
Tamén haberá teatro os venres ás 20.30 horas na sala Bahía comezando o día 1 de outubro coa obra, As Virxes Salvaxes, , o venres 8 O Premio, o venres 15 O Mozo da última fila, o venres 22 Contos de Contrabando e o 29 As fillas Bravas e o mito de Casandra.