Arredor de 40 nenos e nenas participan no programa Cervo Concilia Semana Santa

AMariñaXa
Os participantes gozaron de actividades como hinchables, xogos interactivos e manualidades
cervo-concilia-semana-santa
Cervo Concilia Semana Santa
17 Apr 2025

O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta Semana Santa, para axudar ás familias nestes días de ocio para as crianzas.
Uns corenta nenos e nenas participan nas actividades que se desenvolven o 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8.30 a 14.30 horas.

Os participantes nestes días gozaron de diferentes actividades como hinchables, portería de puntuación, xogos interactivos ou pista de futbolín, así coma manualidades e diferentes actividades didácticas nas aulas habilitadas na Casa do Mar.

⚙ Configurar cookies
0.1890561580658