Arredor de 140 nenos e nenas de Xove participaron na representación teatral do grupo de Teatro Ghazafelhos
AMariñaXa
O grupo Teatro Ghazafelhos representou a súa obra 'Lúa' no Salón de Actos do Centro Cívico, na que participaron arredor de 140 nenos e nenas do Ceip Pedro Caselles Rollán de Xove.
16 Out 2023
O grupo Teatro Ghazafelhos representou a súa obra 'Lúa' no Salón de Actos do Centro Cívico, na que participaron arredor de 140 nenos e nenas do Ceip Pedro Caselles Rollán de Xove.
Esta compañía naceu na comarca de Ferrol no ano 2006 e da man de Montse Piñón e Pepablo Patinho para centrarse no traballo de monicreques, animación e teatro actoral, especializándose na realización de obras teatrais para público familiar.
A Concellería de Cultura do Concello de Xove foi a encargada de organizar esta terceira e última actuación dentro do Programa Ler Conta Moita 2023, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.