Arrancaron en Ribadeo as primeiras Xornadas da Cabala

AMariñaXa
21 locais hostaleiros ofrecerán ata o vindeiro domingo máis dunha trintena de preparacións
primeiras-xornadas-da-cabala-en-ribadeo
Autoridades locais e autonómicas nas xornadas da cabala
17 May 2024

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración da OPP-7 do Porto de Burela. 21 locais hostaleiros ofrecerán ata o vindeiro domingo máis dunha trintena de preparacións (tapas, racións ou menús) elaboradas con este peixe de tempada.

Ata Ribadeo se desprazou este mediodía o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo alcalde, Dani Vega, e polas concelleiras de Turismo, Cultura, Benestar Social e Atención Cidadá, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Montse Seijo. Xunto a eles estiveron a presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que animan “a aproveitar esta ponte das Letras Galegas para saborear as exquisiteces que ten preparada a hostalería asociada”. E agradeceron “a colaboración, unha vez máis, da OPP 7 Porto de Burela, que nos entregou de xeito gratuíto 90 quilos de cabala para levar adiante estas xornadas gastronómicas”.

Acisa lembra que “todos os establecementos hostaleiros participantes nestas xornadas e as súas propostas gastronómicas poden consultarse nas nosas redes sociais”.

O colectivo empresarial tamén tivo palabras de agradecemento para o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, por achegarse hoxe a estas primeiras Xornadas da Cabala, “que poñen en valor o noso traballo e sitúannos como un referente no sector hostaleiro”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16717600822449