Comezan as festas do Carme no Vicedo

AMariñaXa
O sábado haberá misa solemne e procesión ata o campo da festa acompañada pola Banda Naval de Viveiro
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto de arquivo
14 Xuño 2024

O Vicedo celebra as súas festas na honra a Nosa Señora do Carme os días 15, 16 e 17 de xuño. O sábado haberá misa solemne e procesión ata o campo da festa acompañada pola Banda Naval de Viveiro. A partir das 14.00 horas terá lugar a sesión vermú con Miramar que tamén amenizará a verbena xunto co dúo Venus.

O domingo haberá misa solemne no campo da festa e procesión marítima coa ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos e sesión vermú a partir das 14.00 horas con D´Vicio que estará xunto con Los Player´s á noite. O luns a partir das 20.00 horas dará comezo o traslado da imaxe da Virxe ata a igrexa parroquial e tamén o funeral por mariñeiros, mariscadoras e defuntos da parroquia.

festas_do_carme_o_vicedo
0.12232422828674