Unha nova edición da Camovi, dedicada á figura de Ramón Blanco, volve facer historia en Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro foi esta fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira pola montaña Camovi.
camovi_2024_2
22 Abr 2024

O Concello de Viveiro foi esta fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira pola montaña Camovi. Este ano a proba foi unha homenaxe a Ramón Blanco, un referente no mundo do alpinismo, que ascendeu a algúns dos cumios máis altos do mundo, entre eles o Monte Everest. O alpinista, nado en Xerdiz (Ourol) faleceu o pasado mes de agosto e participou en
varias edicións na Camovi, contribuíndo á súa sona internacional.

“Foi, unha vez máis, un gran éxito tanto de participación como de público”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. “Milleiros de persoas puideron deste xeito desfrutar dos nosos montes e da natureza que rodea Viveiro”, engade a rexedora. Loureiro agradeceu o traballo tanto da organización como dos máis de 200 voluntarios e voluntarias, que estiveron toda a fin de semana axudando para que todo saíra ben.

De novo, mantívose como unha das citas máis destacadas no calendario deportivo do concello. A Carreira por Montaña Montes de Viveiro supón "un evento deportivo crucial para o municipio, situando a Viveiro no mapa nacional do deporte coa súa ampla traxectoria”. Oihana Kortazar foi a deportistas que logrou co récord femenino dos 42 quilómetros, quedándose a cinco minutos do campión absoluto da proba, Zaid Ait Malek. Tamén subiron ao podio Zaid Ait Malek e  Álvaro González del Salto.

No caso das mulleres, Beatriz Álvarez logrou o segundo posto e Lydia Tejedor quedou terceira. A proba destaca “pola súa dureza pero tamén pola súa beleza, transcurrindo por paraxes únicos que os e as participantes poden deste xeito coñecer de primeira man”, apunta Loureiro. O que comezou coma unha iniciativa entre amigos e agora xa é unha referencia internacional. “É marabilloso ver como a Camovi segue a medrar ano tras ano, tendo como principios fundamentais o respecto ás persoas, ao medio ambiente, a equidade, a axuda mutua e a solidariedade”, sinala a rexedora. Loureiro destaca "a emotiva homenaxe a Ramón Blanco no Teatro Pastor Díaz e as probas infantís CAMOVI Kids”.

A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora no patrocinio da proba que contou con máis de 900 persoas inscritas nas diferentes modalidades de participación que ofrece  – 42 quilómetros individual,  42 quilómetros con relevos, 21 quilómetros, 10 quilómetros, Camovi Kids e unha andaina de 10 quilómetros

0.091961860656738