Arranca o Entroido na comarca co desfile de Riotorto

Esta fin de semana tivo lugar na comarca o inicio do Entroido coa primeira celebración, que foi en Riotorto, onde tivo lugar o desfile e concurso, no que se repartiron uns 6.000 euros en premios. Ao final, o desfile tivo lugar no pavillón polideportivo por motivo das choivas.
Pero o Entroido non chega ao seu final na localidade xa que o 17 de febreiro, martes, terá lugar unha festa infantil, entre as 187.00 e as 20.00 horas tamén no pavillón municipal. A sesión contará con inchables e chocolate con churros para todos os asistentes ao finalizar o día.
O día 11, o mércores, será o xantar de Entroido para os usuarios dos centros sociais. A xornada dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada por un trío Merengue. O menú, que ten un prezo de 30 euros por persoa, inclúe sopa, cocido completo, filloas, café e bebidas.
A data límite para anotarse é hoxe, 9 de febreiro, e ten que facerse nos centros veciñais con preferencia para as persoas inscritas nas actividades.