Arranca en Foz unha nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks

Acia Foz-CCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks, que comeza este mércores e se estenderá ata o 19 de abril, coa participación dun total de trinta e tres negocios, que sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar o Comercio na Rúa Fóra Stocks: “é unha oportunidade única para mercar artigos de tempada a prezos moi interesantes mañá, mércores, o Xoves Santo e o sábado. Esta é unha campaña tradicional que facemos tanto en Semana Santa como no verán en Foz, que ten moi ba acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.