Arranca en Foz unha nova edición das Santas Tapas

Acia Foz-CCA, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Foz, organiza un ano máis as Santas Tapas, que comezan este xoves, 17 de abril, e se estenderán ata o vindeiro días 19.
Dúas son as propostas de Acia Foz-CCA para estes días: 16, 17 e 19 de abril terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks; e do 17 o 19 a gastronomía será a protagonista coas Santas Tapas.
Nesta tradicional cita gastronómica destas datas daranse cita 12 establecementos hostaleiros, entre os que se atopan 9 Olas, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Bar Campos, Dandy, Espacio Machete, Los Dulces de Delphin, Marexada, Mexideli, Tangarte Mesón e Xoyma. ”. O prezo das tapas será de 3 euros.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “o que pretendemos é ofrecer un aliciente gastronómico para o desfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz e a outras localidades da Mariña. Agardamos que as Santas Tapas neste 2025 sexan un reclamo ao igual que o foron o pasado ano”.