Arranca a XXXIV Semana Náutica de Ribadeo con bautismos, regatas e unha xornada educativa

AMariñaXa
Vaise desenvolver dende o sábado 3 ata o vindeiro 17 de agosto e as inscricións pódense realizar na oficina do club cun tempo mínimo de 2 horas antes da regata
Semana-Náutica-Ribadeo
3 Ago 2024

Ribadeo é escenario da XXXIV Semana Náutica, que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo. Vaise desenvolver dende o sábado 3 ata o vindeiro 17 de agosto e as inscricións pódense realizar na oficina do club cun tempo mínimo de 2 horas antes da regata. O sábado 3 terá lugar o XI Trofeo Mar Cantábrico Ribadeo, a partir das 11.00 horas e o domingo é a quenda do V Trofeo Ría de Ribadeo pola mañá e do XXVI Trofeo Deputación de Vela Tradicional.

A cita continúa o martes 6 cunha xornada educativa sobre a protección do fondo mariño no club de actividades subcuáticas Illa Pancha a partir das 11.30 horas. Pola tarde, organizarase o XIII Trofeo Acisa a partir das 17.30 horas. O mércores volven as probas cos bautismos de buceo da CAS Costa Norte de Lugo aos que se poden anotar os interesados ata o 6 de agosto. Despois desta proposta, que se celebrará ás 16.00 horas, poñen en marcha o XXV Trofeo Paradores.

O venres 9, dende as 17.30 horas, os asistentes poderán gozar do XVIII Trofeo RCN de Ribadeo Semana Náutica e o sábado 10 será o XXV Trofeo Concello de Ribadeo. O día 11 será o II Trofeo Fergil Auto e o 14 o XIII Trofeo Abanca. Travesía a Tapia. O concurso de pesca e a entrega de trofeos serán o sábado 17. Tamén programan o martes 20 a Zalea a Abres para a que as inscricións permanecen abertas ata o vindeiro 18 de agosto.

No acto de presentación desta nova edición da Semana Náutica estiveron presentes o presidente do RCNR, Pablo González, o deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo, Fran Cajoto, e o alcalde ribadense, Dani Vega. Tamén o vindeiro mes de agosto terá lugar no Cine Teatro o acto de conmemoración do 50 aniversario do Real Club Náutico de Ribadeo.

XXXIV Semana Náutica programa
0.094141960144043