Armadores e Confrarías de Burela afondan na especialización do FP dual en navegación e pesca de litoral no IES María Sarmiento
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou o Instituto IES María Sarmiento de Viveiro, onde se reuniu con armadores de Burela, coa secretaria da Federación Provincial das Cofradías de Pescadores de Lugo, Carmen Abad, e co presidente da Confraría de Pescadores de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero. O obxectivo do encontro é afondar na posibilidade de poñer en marcha un proxecto de FP Dual no curso 2024/25 do ciclo de grao medio en Navegación e Pesca de Litoral neste centros en colaboración con esta entidade.
Na reunión abordouse o deseño dun plan formativo especializado e axustado ás necesidades do sector pesqueiro de Burela e a colaboración dos armadores de poñer a disposición do instituto viveirense postos formativos nos seus barcos para o alumnado que realice estas ensinanzas.
Este ciclo alternaríase co implantado este curso, tamén de FP Dual en Navegación e Pesca de Litoral no IES María Sarmiento de Viveiro, en colaboración coa flora do porto de Celeiro, no que están matriculados 13 alumnos.
O obxectivo é dar resposta á necesidade manifestada polo sector de persoas que poidan exercer as funcións patróns costeiro polivalente debido a escaseza de titulados neste eido, malia á altísima inserción laboral da que goza na Mariña lucense.
As persoas que obteñen o título neste ciclo poderán desempeñar funcións de patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca; oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros ou de pasaxeiros; mariñeiro pescador ou de ponte, inspector de frota ou supervisor de montaxe de artes e aparellos de pesca, entre outros.