Arc-Eo da Pontenova e Arco Muralla de Lugo organizan un torneo solidario
O Club Arc-Eo da Pontenova e Arco Muralla de Lugo organizan un torneo de tiro con arco online solidario.
Trátase dun torneo onde as inscricións e achegas que se queiran facer destinaranse integramente a Federación Española
de Bancos de Alimentos ( FESBAL), para axudar a aquelas persoas que peor o están pasando con esta situación.
A fecha de celebración é do 15 de xiño ao 15 de xullo e será no campo de tiro ao que acuda cada quen a adestrar habitualmente.
As inscricións realizaranse online a través do formulario da súa web, e o importe mínimo é de 5 euros, puidendo aportar máis cantidade se así o desexan.
As modalidades e categorías do torneo serán de arco olímpico, composto, tradicional e espido. Haberá en cada caso unha categoría absoluta e outra para menores de 14 anos.
Os participantes deberán tirar un total de catro roldas de 30 flechas cada unha a 18 metros de distacia. Terán todo o prazo de celebración para completar todas as rondas e enviar a súa tablilla coas puntuacións.
A recaudación e puntuacións, así como todas as noticias de interés relacionadas con esta competición, poderán seguirse nas páxinas de ambos clubes: www.arc-eo.es y www.arcomuralla.es.