Arante, en Ribadeo, organiza unha nova edición da Festa da Romaxe das Cruces

AMariñaXa
O domingo 4 de xuño, comeza a Festa da Romaxe das Cruces en Arante de Ribadeo ás 12.00 horas coa Bendición dos Campo
5 Maio 2024

Arante, en Ribadeo, convoca unha nova edición da Festa da Romaxe das Cruces, que terá lugar os días 18 e 19 de maio. O programa comeza o sábado con pregón da man de Roberto Rodríguez e concerto de Manoele de Felisa. O domingo terá lugar Bendición dos Campos, procesión, bandeo do Pendón e reverencia das cruces, acompañados do grupo de gaitas de Tovar.

A continuación, misa solemne e ás 13.30 horas, sesión vermú co grupo Fénix. Ás 15.00 horas asistentes poderán participar na IV Comida Romaxe dás Cruces no campo da festa. Ás 18.00 horas levarase a cabo a representación da batalla por Queiman e Andrea Pousa e a continuación Camiñantes e Cantantes ofrecerá un concerto, mentres que o broche final da festa poñerao a actuación do grupo Fénix.

0.1907639503479