O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar nas clases de baile de salón organizadas en colaboración coa Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña (Arama) e a Escola de Baile Hover Cross. As clases terán lugar no CEIP Península da Paz, en San Cibrao, e tamén en Cervo se se forma un grupo suficiente de participantes.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, xunto co presidente de Arama, Manuel Casas, o profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino, e a profesora Sara Morales. As persoas interesadas poden inscribirse ou obter máis información chamando aos números de teléfono 648 033 250, 620 817 300 ou 630 864 427. O curso está previsto para comezar o 18 de setembro e contará cunha sesión semanal impartida por profesores titulados en distintos estilos de baile, como vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.