Aprobado un investimento de 1M€ para mellorar estradas provinciais en Ourol

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pesidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou este venres que a Xunta de Goberno aprobou iniciativas por un volume económico que no seu conxunto ascende aos 2M€, “o que dá mostra do importante ritmo de xestión que estamos desenvolvendo nun momento no que favorecer a economía da provincia é especialmente importante debido á crise provocada pola pandemia”, subliñou Tomé Roca.
23 Out 2020

“Estamos sacando adiante proxectos, contratos e obras en beneficio de todos os concellos e dos veciños e veciñas da provincia, independentemente da localidade ou zona na que vivan, co fin de favorecer o equilibrio territorial”, indicou o Presidente.

En materia de estradas provinciais, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, anunciou que este venres se aprobou a licitación de obras de mellora en 7 vías nos concellos de Ourol, Sober e Paradela por cerca de 1M€.

En Ourol, aprobouse a licitación de obras de rehabilitación de firmes en 3 estradas provinciais cun orzamento de 300.000 euros e un prazo de execución de 6 meses. Por un lado, mellorarase a LU-P-6602, que vai de Rúa Nova a Muras, e que dá servizo á veciñanza que ten gando na Serra do Xistral e tamén ás empresas que realizan o mantemento dos parques eólicos da zona. Neste caso vaise arranxar medio quilómetro, dende o punto 18,550 ata o 19,095. Neste concello, tamén se vai arranxar a LU-P-3805, que une os núcleos Sixto con Campo do Foxo, en dous tramos: o que vai do quilómetro 0 ata o 1 e do 11,240 ao 14,917. Esta vía provincial comunica as parroquias de Bravos, Ambosores e Sixto. A terceira estrada na que se licitan obras en Ourol é a LU-P-6406, que vai dende Cristo da Portapena ata Ponte Segade. Neste caso, son os 200 primeiros metros de estrada, que presenta desperfectos.

0.20466995239258