Aprobado por unanimidade o proxecto do aparcadoiro nas Catedrais

AMariñaXa
Aprobado por unanimidade e definitivamente o proxecto expropiatorio para a creación dun aparcadoiro nas Catedrais
as catedrais xente coche
13 Aug 2021

No pleno extraordinario e urxente, celebrado no Concello de Ribadeo, por unanimidade foi aprobado definitivamente o proxecto expropiatorio para a creación dun aparcadoiro en As Catedrais. Agora será remitido á Xunta de Galicia. 

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “os temas que van a este pleno todos son importantes, pero hai un, que é unha tramitación ambiental, que nos gustaría especialmente poder rematar coa aprobación definitiva do proxecto aquí para poder mandalo á Xunta de Galicia porque queda por diante unha tramitación administrativa, que se vai demorar seguro, aínda que esperamos que sexa o menos posible, pero é necesario non perder un minuto. De feito non o perdemos porque desde que se pechou administrativamente o expediente hai poucas horas, cando os técnicos remataron a súa tramitación, queremos sometelo agora á consideración do pleno posto que é o órgano competente para darlle o visto e prace a esta tramitación administrativa para que poida continuar”.

O rexedor dixo que “o pleno da Corporación hai un tempo aprobou inicialmente este proxecto expropiatorio para o aparcadoiro de Augas Santas, someteuse ao que marcan en rigor as normas: exposición pública, notificación aos afectados, período de alegacións, no que houbo tres, que foron informadas polos técnicos, tanto os arquitectos como os xurídicos, e agora rematamos o expediente e o seguinte paso é envialo á Xunta de Galicia para que nos autorice a expropiación porque a administración local pode executar expropiacións, pero ten que ter os mandatos autonómicos para facelo”. O asunto foi aprobado por unanimidade. 

Tamén foron aprobados un suplemento de crédito para a realización de diferentes actuacións tanto na vila como nas parroquias e unha transferencia de crédito entre partidas de distinta área de gasto. 

Na sesión o Suárez Barcia sinalou: “vaia por diante a desculpa, se alguén se sinte molesto por convocar un pleno en agosto, aínda que é un mes como outro calquera, por convocalo pola mañá, que non é o costume pero está dentro da legalidade, e a motivación é tecnicamente necesaria para non demorar máis estes asuntos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16905903816223