Aprobado o orzamento para 2023 de Mondoñedo cun importe de 3.891.983 euros

AMariñaXa
Foi aprobado o orzamento para o ano 2023 do Concello de Mondoñedo, que ascende a 3.891.983,87 euros. reflicte a contención do gasto
Vista_panorámica_de_Mondoñedo
Vista_panorámica_de_Mondoñedo
28 Nov 2022

Foi aprobado o orzamento para o ano 2023 do Concello de Mondoñedo, que ascende a 3.891.983,87 euros. As contas do Concello para o próximo exercicio caracterízanse pola contención do gasto, o mantemento dos servizos públicos básicos e, de maneira especial, polo seu carácter social. O capítulo VI, de investimentos reais, sitúase en 116.236,45 euros, actuando así cun principio de prudencia ,que se reflicte neste capítulo .

O goberno municipal, presidido polo popular Manuel Ángel Otero, destaca que o orzamento reflicte o compromiso do Concello, nestes momentos difíciles, cos maiores, os dependentes e, en xeral, cos que máis precisan dos servizos sociais. Neste apartado non hai redución do gasto, senón incremento.

 Dende o equipo de goberno tamén se indica que “realízase unha aposta pola consolidación de servizos dos anos anteriores e abertos a demanda de novas necesidades sociais“.

En canto a investimentos, o orzamento, no capítulo VI, recolle fondos para aqueles que son financiados con recursos propios. O goberno local opta por proceder, chegado o caso, a modificacións orzamentarias para efectuar as aportacións propias necesarias, para levar a cabo as obras resultantes doutras administración (plans Urbe, Rexurbe,e Único)

No orzamento consígnanse as partidas necesarias para facer fronte ao mantemento dos servizos públicos básicos, como son a recollida e tratamento de residuos, a iluminación pública, e, entre outros, o mantemento das zonas axardinadas.

0.08945894241333