Aprobado definitivamente o Peprich de Ribadeo
Tal e como se pode consultar no Diario Oficial de Galicia aprobouse o Peprich de Ribadeo o que lle permite ao Concello axilizar os trámites urbanísticos do casco histórico. Deste xeito, este Plan de protección e reforma interior de dita zona dá máis autonomía á entidade local.
“Cremos que, grazas á colaboración do Goberno galego, Ribadeo dá un paso importante á hora de facer xestións relacionadas co urbanismo da zona vella da vila”, din os populares de Ribadeo.
Con esta medida, a entidade local poderá desenvolver urbanisticamente as bolsas de chan existentes. Trátase, en definitiva, "de mellorar o núcleo histórico, preservando o patrimonio que temos e de dotarnos da base legal necesaria para elo”. E é que, ata o de agora, o casco vello estaba regulado por un BIC (Ben de Interese Cultural), que limitaba a rehabilitación. “Revitalízase esta zona, respectando o noso pasado e o legado co que contamos dende a época medieval”, precisan os populares.
Con todo, o voceiro popular advirte que o Concello deixou cinco bolsas de chan se incluír, polo que insta ao rexedor nacionalista a completar este proceso para “dotarnos da base xurídica necesaria e que se fai imprescindible para a rehabilitación do noso casco histórico”.