Aprobada a moción para a reactivación do templete da música de Viveiro
Aprobouse a moción levada ao pleno de agosto para a reactivación do templete da música. Foi aprobada por maioría, manténdose na abstención o partido de María Loureiro quen asegurou que "xa estaba a facer os trámites para que esta instalación en titularidade de Costas pase a ser de titularidade do Concello", dixeron os nacionalistas viveirenses.
Desde o BNG parécelles curioso afirma Míriam Bermúdez, “que fose pechado hai máis de 5 anos e que xusto agora que presentamos esta moción a alcaldía comunique que xa estaba a facer os trámites desta cesión".
Miriam Bermúdez aproveitou a ocasión para solicitar os documentos dos trámites que se levan realizado en relación deste templete da música, máis a contestación de Loureiro baseouse en “a concelleira do BNG debe pensar que temos que darlle contas de todo o que se está a facer”, “as cousas ás veces axilízanse telefónicamente”.