Aprobada a emenda do BNG para instar ao Ministerio de Xustiza á creación dun xulgado en Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
Aprobada a emenda do BNG para instar ao Ministerio de Xustiza á creación dun 3 xulgado en Viveiro, esta foi aprobada no pasado Pleno.
11 Nov 2020

Aprobada a emenda do BNG para instar ao Ministerio de Xustiza á creación dun 3 xulgado en Viveiro, esta foi aprobada no pasado Pleno.

Dende o BNG de Viveiro "consideramos a creación deste novo xulgado urxente e prioritario polo que ademais de presentar na Deputación a moción anteriormente exposta, o pasado 5 de outubro rexistrábamos no Parlamento Galego unha iniciativa que se debateu o día 4 de novembro para que o Parlamento inste á Xunta de Galicia a Iniciar os trámites, previa dotación orzamentaria, para a creación dun terceiro xulgado no partido xudicial de Viveiro e inste ao Gobierno de España para a súa aprobación, contando co apoio de todos os grupos".

Tendo en conta a redacción dos acordos desta moción presentada polo Goberno do PSOE de Viveiro, "supoñen un paso atrás con respecto da moción do BNG que mesmo María Loureiro votou a favor na Deputación, pois o principal organismo que ten que dotar de partida orzamentario e realizar os trámites que faltan é o Ministerio de Xustiza, neste momentos liderado polo PSOE, ao que Loureiro simplemente pretende darlle conta, como especifica no punto segundo".

O Goberno local do PSOE ten que deixarse de partidismos e loitar polo ben de Viveiro como se merece, e non cun texto que vale máis para saír na prensa que para conseguir que o Ministerio de Xustiza permita dunha vez por todas que Viveiro conte co tan necesario 3º xulgado", din dende o BNG.

Polo que propuxeron emendar esta moción para que recollese "instar á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Xustiza a realizar cantas accións sexan necesarias en aras a lograr a creación dun 3º xulgado de 1ª Instancia e Instrución no Partido Xudicial de Viveiro".

0.16248297691345