Aprobada a convocatoria para a creación da Bolsa de Emprego de profesores da Escola de Música de Foz

Foz
AMariñaXa
O prazo para presentar as instancias será de cinco días naturais a partir da publicación no BOP
casa-do-concello-de-foz
18 Feb 2025

O Concello de Foz procedeu á aprobación das Bases e Anexos polas que se establecen as normas para seleccionar, mediante concurso, a creación da Bolsa de Emprego de profesores para a Escola de Música Municipal. O prazo para presentar as instancias será de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Os requisitos específicos do posto de traballo están recollidos nas Bases da convocatoria, aprobadas por Resolución de Alcaldía con data 5 de marzo de 2024. As persoas interesadas poderán consultar toda a información na páxina web oficial do Concello de Foz, na sede electrónica, e tamén no Taboleiro de Anuncios do propio Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para máis información, os interesados tamén poden contactar co teléfono 982 140 027.

0.18890786170959