Aprazado o IX Festival Histórico Augas Santas de Barreiros

AMariñaXa
O sábado 18 de xuño celébrase o IX Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros, así o confirmou a irmandade.
O Rei Silo no festival Historico Augas Santas  de Barreiros
16 Xuño 2022

A organización do Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros, que este ano chega a súa novena edición, comunicou o seu aprazamento por mor do mal tempo que se espera para esta fin de semana.

"Debido ás condicións metereolóxicas previstas para esta fin de semana, onde se anuncian tormentas e moita auga, dende a asociación lamentamos comunicarvos que decidimos aprazar a data da IX edición do festival", dixeron.

Esta edición, que se ía celebrar o sábado 18 de xuño aprázase e engadiron que "prometemos avisar con suficiente antelación da nova data para a súa celebración".

IX Festival augas santas barreiros 2022 cartel oficial
0.18006896972656