Aprazado o concerto de Nadal da Banda do Landro

AMariñaXa
A Banda do Landro apraza o seu concerto de Nadal do xoves 30 de decembro ás 20.30 horas na igrexa de San Francisco.
concerto nadal viveiro aprazado
30 Dec 2021

Ante a escalada de casos que se está a vivir no Concello de Viveiro, dende a Banda de Música O Landro comunicaron que aprazan o seu concerto de Nadal. "Tanto dende o Concello de Viveiro coma dende a propia Banda de Música O Landro en xeral, creemos que é o mellor nestes intres", din.

Este espectáculo ía celebrarse hoxe xoves 30, e dende a organización informan que cando mellore a situación confirmarán a nova data.

Nesta ocasión íase desfrutar da man da narradora Lara Fernández-Noriega que coa súa agarimosa voz levará ao público polos mundos de Gulliver's Travels e adentrará na historia dos irmans Hansel and Gretel.

concerto viveiro contos por Nadal 2021
0.20313096046448