Aprazado, en Burela, o espectáculo de humor Ocho apellidos andaluces
AMariñaXa
Aprazado o espectáculo Ocho apellidos andaluces que é a suma de catro cómicos andaluces Quique, Txapela, Abraham e Jesús
12 Feb 2022
Dende o Concello de Burela comunicaron do aprazamento do espectáculo de humor Ocho apellidos andaluces previsto para o domingo 20 de febreiro ás 20.00 horas na casa da cultura.
Están traballando na búsqueda dunha nova data e o importe das entradas será devolto pola mesma canle que foron adquiridas.
Ocho apellidos andaluces é a suma de catro cómicos andaluces e irmáns de pai (Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz, Abraham Martín e Jesús Piña), pero cada un de distinta nai, xúntanse para encher de gargalladas os teatros e salas co seu novo show de impro e monólogos.
Un espectáculo moi andaluz, con salero, cargado de ironía e moita improvisación. Ven a gozar de autentica dose de risoterapia! Un show, unha parodia…que non che podes perder!