Aprazada a creación do inspector xefe de Policía de Viveiro por "falta de información"

AMariñaXa
Os partidos da oposición rexeitaron a proposta da modificación da Relación de Postos de Traballo esgrimindo falta de información por parte do Concello
pleno-viveiro-novembro
16 Jan 2025

Os partidos da oposición en Viveiro, PP e Por Viveiro, rexeitaron no Pleno municipal celebrado este mércores, 15 de xaneiro, a proposta da Alcaldía para modificar a Relación de Postos de Traballo (RPT).

Esta iniciativa contemplaba a creación de novas prazas, como a de limpador para o CEIP de Celeiro, dun psicólogo destinado ao Centro de Información á Muller (CIM) e dun posto de inspector xefe da Policía Local. Este último pretendía ser un dos pasos para abordar o conflito que afecta á policía local, situación que mantén unha gran parte do persoal de baixa laboral.

Tanto os populares coma os independentes manifestaron a súa desconformidade, esgrimindo unha suposta falta de información sobre a iniciativa pois suporá un gasto adicional para o Concello de preto de 100.000 euros. Polo que ambos grupos, querían ter acceso ao expediente para poder valorar máis exhaustivamente o documento e así tomar unha decisión desta embergadura. Malia isto, a alcaldesa, María Loureiro, argumentou que non pode facilitar os datos solicitados debido ás restricións impostas pola Lei de Protección de Datos, ao tratarse dun expediente clasificado como reservado.

Mariña Gueimunde, portavoz do PP, dixo que "non puidemos emitir o noso voto pois faltábanos coñecer o informe de intervención necesario para explicar como poderemos afrontar o gasto das dúas prazas que se queren habilitar, a de inspector e a de inspector xefe, e que ademais son de maior categoría que as que había polo que tamén e máis gasto". Así mesmo, Gueimunde recalcou que Viveiro non conta cos orzamentos de 2025.

 

0.16666507720947